logo

“cámbiache o conto”, a nova campaña publicitaria de TV de R

luns 17 novembro 2008 | 5 Comentarios

de seguro que hai moito que non vedes ningún anuncio de R na televisión. E tanto que si. Como que hai catro anos que non lanzamos neste medio unha campaña. De seguro que a lembrades, a última foi a dos ratos, na que se falaba de que o home e o rato comparten o 99% dos seus xens.[ Máis ]

corte do porto 25 aos clientes particulares

xoves 06 novembro 2008 | 14 Comentarios

Ola a todos de novo. Non sei se o sabedes, pero acabamos de cortar o porto 25 de SMTP aos clientes de residencial. Agora vos explico polo miúdo o motivo.[ Máis ]

escanea gratis o teu equipo na busca de virus

xoves 30 outubro 2008 | 2 Comentarios

como andades hoxe? Eu coma sempre por aquí, contándovos cousiñas sobre R. Desta vez vouvos explicar un supertruqui para que poidades escanear os vosos equipos informáticos na busca de virus.[ Máis ]

módem, wi-fi e PLC

xoves 09 outubro 2008 | 36 Comentarios

ola devoradores de posts. Velaquí estou unha vez máis cun novo tema (despois dun par de semanas de merecidas vacacións, como xa vos dixen antes) para falar un pouco de todo, esperar as vosas preguntas e sobre todo falar con vós, que falades vós comigo ou me deades caña.[ Máis ]

sobre a opción alta velocidade, o P2P e outras preguntas que me fixéchedes

luns 06 outubro 2008 | 13 Comentarios

ola de novo a todos.

desculpas antes de nada porque estiven de vacacións e vos tiven abandonados. Así que xa me poño de novo mans ao choio e vos contesto ás preguntas que tiña pendentes.[ Máis ]

aprendendo do resto de bloggueiros

venres 12 setembro 2008 | 7 Comentarios

como sabedes, son un pouco novato no mundo este dos blogs. Ando co "L" aínda colgado nas costas e creo que aínda tardarei un tempo en sacalo. Pero non me preocupa, porque isto de aprender está moi ben. Así que ademais de andar escribindo aquí, tamén busco por aí adiante información e miro como traballan outros bloggers consumados. Hai que ter referentes, como os grandes literatos, jeje. Ademais, teño que aprender dos mellores, senón en R igual contratan a Reverte para levar quecheparece.com. O caso é que decidimos apoiar una iniciativa que me vai resultar moi positiva, como é a dos Premios Bitácoras.[ Máis ]

a subida nas conexións de 100 megas

mércores 10 setembro 2008 | 25 Comentarios

como vexo que vos gusta moito o tema das subidas e que quedáchedes "encantados" coas subidas que vos adiantei neste blog dos produtos de 30 e de 100 megas, pois escribo outro post para explicarvos varios puntos. Non vou ser breve precisamente, así que espero que andades con tempo ;)[ Máis ]

noticias na Guía Electrónica de Programación

martes 09 setembro 2008 | 21 Comentarios

volve setembro, rematan as vacacións, pero nós seguimos igual ca sempre, traballando duramente en novos servizos que de seguro vos interesan. Desta vez, vouvos dar detalles dalgo no que estamos a traballar: a incorporación de noticias na EPG da televisión dixital de R.[ Máis ]

como chamar dende o estranxeiro con móbil R

xoves 07 agosto 2008 | 6 Comentarios

sabemos que algúns de vós estades de vacacións este mes de agosto (afortunados que sodes :( porque algúns temos que andar por aquí). O caso é que de seguro que máis dun vai ao estranxeiro ou pasa un par de días en Portugal, que tamén está no estranxeiro pero moito a máis a man, e ten dúbidas sobre se pode chamar ou non co seu móbil R.[ Máis ]

sobre os 100 megas e o upstream

martes 29 xullo 2008 | 37 Comentarios

Ola de novo a todos e desculpade pola tardanza á hora de respostarvos. Como nos fixéchedes bastantes preguntas sobre os 100 megas e outras relacionadas coa subida das conexións, desta vez aproveitamos para facer un novo post.[ Máis ]