logo

Nova tarifa internet móbil R

luns 29 xuño 2009 | 44 Comentarios

Ola xente. Como sabemos que cada vez temos máis clientes que precisan estar conectados á Rede dende calquera lugar e que para eles non só é importante unha boa conexión á rede fixa senón tamén unha conexión móbil, pois dende o día 1 de xullo melloramos as nosas tarifas de datos. E ademais sacamos unha promoción polo que a podedes gozar gratis durante todo o verán.[ Máis ]

Buzz, Animax e Son R

mércores 24 xuño 2009 | 18 Comentarios

Ola xente. Espero que xa esteades recuperados da noita máis curta do ano e que non houbese ningúna accidente á hora de saltar as cacharelas ou que a enchente de sardiñas non vos impida comer hoxe. Para aliviarvos a dixestión quería informarvos dunha serie de novidades na nosa grella de televisión dixital multicanle.[ Máis ]

quecheparece cumpre un aniño

venres 19 xuño 2009 | 10 Comentarios

Sei que me vai quedar un post moi típico e ñoño, pero bueno, o caso é que facemos un aniño en quecheparece.com.[ Máis ]

tenda R en Santiago de Compostela

venres 19 xuño 2009 | Sen comentarios

Se hai un mes vos contaba que abriamos unha tenda R en Pontevedra, pois hoxe cóntovos que inauguramos outra nova en Santiago de Compostela.[ Máis ]

R, líder en excelencia en Internet

mércores 17 xuño 2009 | 15 Comentarios

ola a todos. Hoxe gustaríame compartir con vós un premio que nos deron onte en Madrid e co que tendes moito que ver.[ Máis ]

non hai apagón, pero si novas canles en aberto

luns 15 xuño 2009 | 23 Comentarios

ola a todos. Como vos comentei hai cousa de dous meses e medio, en R estábamos preparando o apagón analóxico. Así que naquelas localidades onde se ía producir, íades recibir novas canles en aberto nalgunhas zonas.[ Máis ]

dámosche o upstream que nos queda libre

xoves 11 xuño 2009 | 241 Comentarios

ola fieis lectores. Hoxe queriámosvos facer unha proposta que nos parece moi interesante e sobre a que de seguro tendes algo que dicir. Como sempre incidides no upstream, cremos que o ideal é repartir o que quede libre entre todos os clientes.[ Máis ]

factura electrónica con R

martes 02 xuño 2009 | 7 Comentarios

jelou a todo o mundo. Habitualmente intento variar sempre os temas dos que vos falo e hoxe quixen centrarme nunha cuestión pola cal nos preguntan moito os nosos clientes: "Cando ides ter factura electrónica?"[ Máis ]

renova gratis o teu móbil R

mércores 27 maio 2009 | 28 Comentarios

ola rapaces e rapazas. Estes últimos meses estivemos traballando arreo nun programa de puntos que vos permitise renovar o voso teléfono móbil R, e xa vos podo dicir que está a puntiño, a piques de saír do forno.[ Máis ]

bloqueo de contidos por parte dos provedores de contidos

luns 25 maio 2009 | 14 Comentarios

ola a todos. Hoxe vou comezar este post incidindo nunha idea que ás veces vexo por aí nos foros e que non é certa: en R non controlamos as conexións a internet dos nosos clientes, nin a ningún servidor, nin a ningún programa de descargas, nin a ningunha web.[ Máis ]

temos grupo no facebook

mércores 20 maio 2009 | 4 Comentarios

como andades? Pois eu agora polo blog e tamén polo Facebook. Como toda a xuventú e os que xa peinan canas andan por aí metidos, pois decidimos abrir unha nova canle de comunicación cos meus amigos-clientes a través desta rede social.[ Máis ]

novas funcionalidades de blogs R

venres 15 maio 2009 | Sen comentarios

como andades? Pois eu de novo a informarvos sobre as melloras realizadas nalgunhas das funcionalidades que vos ofrecemos. Se na última entrada falaba sobre seguridade R, nesta ocasión vouvos explicar novas utilidades nos nosos blogs.[ Máis ]

novo seguridade R

xoves 14 maio 2009 | 6 Comentarios

ola xente. Hoxe quero falarvos da nova versión de seguridade R, xa sabedes, ese produto para protexer o voso PC con antivirus, antispyware, devasa, antispam e control paterno.[ Máis ]

tenda R en Pontevedra

xoves 07 maio 2009 | 13 Comentarios

hai un par de meses escribinvos neste mesmo blog sobre os xeitos que temos de estar un pouco máis preto de vós. Conteivos sobre os nosos distribuidores (máis de 70 en toda Galicia), sobre os espazos R e sobre as tendas coa nosa imaxe. Pois ben, o caso é que dende hoxe contamos cunha nova tenda R en Pontevedra.[ Máis ]

sinal TDT a través do cable de R

xoves 30 abril 2009 | 55 Comentarios

ola a todos. Como xa sabedes, o panorama televisivo anda moi revolucionado ultimamente. Achégase o apagón analóxico (en xuño xa afectará a moitos concellos galegos) e aínda que xa explicamos varias veces as nosas medidas, hoxe estou aquí para falarvos dunha posible innovación que podemos engadir ao noso “arsenal” relativo á televisión dixital.[ Máis ]