logo

Televisión R en directo a través de internet

mércores 27 xaneiro 2010 | 49 Comentarios

Ola amigos. Hoxe queríamos contarvos algo dun servizo que temos en probas e que vos permite desfrutar de varias canles de televisión a través de internet.[ Máis ]

Seguro que non tes sintonizador DVB-C na túa tele?

luns 25 xaneiro 2010 | 86 Comentarios

Ola quecheparece-adictos. A semana pasada falamos de que non vos tiñades que preocupar nada polo tema do apagón analóxico porque, entre outras cousas, na rede de R non había apagón. E para os que xa tedes un aparato algo máis modelno, pois tamén vos enviamos o sinal de televisión en dixital.[ Máis ]

Tenda R en Vilagarcía

venres 15 xaneiro 2010 | 1 comentario

Ola a todos. Xa que máis ou menos temos tendas nas grandes cidades galegas, hai que ir indo cara a outras localidades e onte inauguramos unha tenda R en Vilagarcía de Arousa. Para os que vivades presto e precisedes calquera cousa, tédela na rúa Alcalde Rey Daviña, 38.[ Máis ]

A revista R xa ten versión web

venres 15 xaneiro 2010 | 3 Comentarios

Ola xente. Como o dixital se está a impoñer nas nosas vidas, xa podedes desfrutar online da revista R accedendo a http://revista.mundo-r.com [ Máis ]

Axuda a Haití

xoves 14 xaneiro 2010 | 7 Comentarios

A petición de Indiana, poño no blog unha pequena información por se alguén está interesado en axudar ante o acontecido en Haití. Copio e pego o mesmo que temos na nosa intranet.[ Máis ]

A televisión de R non se apaga

luns 11 xaneiro 2010 | 52 Comentarios

Ola amigos. Como sabedes, o apagón analóxico está aí. A cousa vai por fases, pero chegar vai chegar... a todos os sitios menos a R.[ Máis ]

As novas velocidades

martes 29 decembro 2009 | 492 Comentarios

Ola xente. Como moitos de vós sabedes, para o ano que vén imos comezar de novo o proceso para mellorar as conexións de todos os nosos clientes. Dende o día 22 de decembro xa se poden consultar a través da web de clientes como van ser as novas velocidades.[ Máis ]

Buscamos novo nome comercial

luns 28 decembro 2009 | 50 Comentarios

Ola a todos. O caso é que nesta ocasión vos queremos pedir opinión sobre un tema que non é menor. Trátase dun posible cambio do noso nome comercial, de R.[ Máis ]

Enquisa: que servizo interactivo che interesa máis?

martes 15 decembro 2009 | 33 Comentarios

Ola xente. Como vai a cousa? Hoxe queremos lanzar no blog un xenuino post-quecheparece, deses nos que vos preguntamos directamente sobre un servizo que estamos pensando en lanzar. Así que vos toca dicirnos que dúas aplicacións interactivas vos interesa que desenvolvamos na televisión dixital de R para o ano que vén.[ Máis ]

Máis radios na emisión en dixital

venres 11 decembro 2009 | 15 Comentarios

Ola a todos. Sempre andamos coa idea de mellorar e de ir facendo as cousas aos poucos, sen présa, pero sen pausa. Así que hoxe toca anunciar unha mellora para os clientes da nosa televisión dixital.[ Máis ]

Nova tenda R en Vigo

xoves 03 decembro 2009 | 25 Comentarios

Ola de novo. Hoxe queriamos dicirvos que abrimos a nosa segunda tenda R en Vigo, na rúa Ecuador, 66. É un lugar moi céntrico, preto do Corte Inglés e, polo que nos dixeron, a carón dunha panadería bastante xeitosiña ;)[ Máis ]

O Samsung Star por 0€

martes 01 decembro 2009 | 65 Comentarios

Ola, queridos fieis lectores. Nas rúas xa se comezan a ver as lucen propias do Nadal, xa comezan a invadirnos os anuncios de xoguetes e de colonias e nós non podiamos ser menos. Por iso promocionamos o Samsung Star.[ Máis ]

Envía SMS dende o teu PC

venres 27 novembro 2009 | 17 Comentarios

Ola a todos. Hai cousa dun mes, noutro post, xa vos adiantamos que estabamos traballando para integrar servizos. Pois agora podemos dicir que un deses servizos que anunciamos xa está operativo: poder enviar SMS dende o voso número de móbil R a través dunha sinxela aplicación web.[ Máis ]

Escoita en exclusiva con R o novo de Berrogüetto

xoves 26 novembro 2009 | 4 Comentarios

Ola, xente. Temos unha nova máis que interesante para os amantes da boa música. De seguro que alguén xa o veu na nosa web ou na nosa televisión R, pero para os que andades despistados, informámosvos de que podedes escoitar en mundo-r.com o single do último disco de Berrogüetto.[ Máis ]

Que se pode atopar en mundo-r.com?

luns 23 novembro 2009 | 18 Comentarios

Ola. Para que non andades con mono de información sobre R, hoxe gustaríanos informarvos do que hai en mundo-r.com. Como di a canción, "que qué es lo que tengo, que tengo de tó". O que pasa é que ás veces intentamos ser tan sinxelos que sabemos que o podemos facer complicado.[ Máis ]