logo

Facendo o Camiño de Santiago

luns 29 marzo 2010 | 19 Comentarios

Ola amigos. Quen dixo que R non saía de Galicia? Este mércores 31 de marzo demostraremos que iso non é certo. E ademais seredes testemuñas directas deste acontecemento.[ Máis ]

Que propostas vos interesan máis?

venres 26 marzo 2010 | 60 Comentarios

Ola a todos. A verdade é que quedamos gratamente sorprendidos co feixe de ideas que nos destes a través deste blog. A raíz diso pareceunos boa idea comentarvos como é o proceso de innovación en R, pero tamén estamos a ver cada unha das ideas que nos comentastes.[ Máis ]

Como traballamos en R á hora de abordar un proxecto

xoves 25 marzo 2010 | 8 Comentarios

Como andades? Xa hai uns días que non publicamos nada no blog, e pareceunos interesante desta vez contarvos como traballamos en R á hora de afrontar un proxecto. Hai ben pouco déstesnos un feixe de ideas e de propostas para o futuro neste mesmo blog. Pero, que pasa con esas ideas? En R tomámolas en conta ou só volas pedimos como paripé? Como facemos para analizalas e levalas adiante? Pois para explicar iso está este post.[ Máis ]

Renovamos as tarxetas dos descodificadores de televisión

xoves 04 marzo 2010 | 68 Comentarios

Ola a todos. Como moitos de vós xa sabedes pola información que publicamos na revista R deste mes, imos renovar as tarxetas dos descodificadores de televisión. É un paso previo aos novos servizos que imos implantar na televisión multicanle R, como as novas aplicacións interactivas ou o vídeo baixo demanda.[ Máis ]

Tenda outlet de móbiles na nosa web

venres 19 febreiro 2010 | 8 Comentarios

Ola. Hoxe queriamos falarvos dun novo espazo na nosa web e que lles pode interesar sobre todo aos que aínda non teñen un móbilR ou precisan dun a prezo libre: lanzamos un espazo outlet de xeito exclusivo na nosa web. [ Máis ]

Plans e servizos no futuro

mércores 17 febreiro 2010 | 84 Comentarios

Ola a todos. Xa sabedes que este é un sitio para debatir ideas e propostas de futuro, así que, como nos pedía un usuario deste blog, Luis, abrimos un post para que nos digades que produtos ou servizos esperades que R ofreza no futuro.[ Máis ]

Tenda R en Lugo

xoves 04 febreiro 2010 | 8 Comentarios

Ola. Hoxe queríamos anunciarvos que abrimos unha nova tenda, desta vez en Lugo, que xa lle tocaba.[ Máis ]

Televisión R en directo a través de internet

mércores 27 xaneiro 2010 | 83 Comentarios

Ola amigos. Hoxe queríamos contarvos algo dun servizo que temos en probas e que vos permite desfrutar de varias canles de televisión a través de internet.[ Máis ]

Seguro que non tes sintonizador DVB-C na túa tele?

luns 25 xaneiro 2010 | 134 Comentarios

Ola quecheparece-adictos. A semana pasada falamos de que non vos tiñades que preocupar nada polo tema do apagón analóxico porque, entre outras cousas, na rede de R non había apagón. E para os que xa tedes un aparato algo máis modelno, pois tamén vos enviamos o sinal de televisión en dixital.[ Máis ]

Tenda R en Vilagarcía

venres 15 xaneiro 2010 | 2 Comentarios

Ola a todos. Xa que máis ou menos temos tendas nas grandes cidades galegas, hai que ir indo cara a outras localidades e onte inauguramos unha tenda R en Vilagarcía de Arousa. Para os que vivades presto e precisedes calquera cousa, tédela na rúa Alcalde Rey Daviña, 38.[ Máis ]

A revista R xa ten versión web

venres 15 xaneiro 2010 | 3 Comentarios

Ola xente. Como o dixital se está a impoñer nas nosas vidas, xa podedes desfrutar online da revista R accedendo a http://revista.mundo-r.com [ Máis ]

Axuda a Haití

xoves 14 xaneiro 2010 | 7 Comentarios

A petición de Indiana, poño no blog unha pequena información por se alguén está interesado en axudar ante o acontecido en Haití. Copio e pego o mesmo que temos na nosa intranet.[ Máis ]

A televisión de R non se apaga

luns 11 xaneiro 2010 | 78 Comentarios

Ola amigos. Como sabedes, o apagón analóxico está aí. A cousa vai por fases, pero chegar vai chegar... a todos os sitios menos a R.[ Máis ]

As novas velocidades

martes 29 decembro 2009 | 524 Comentarios

Ola xente. Como moitos de vós sabedes, para o ano que vén imos comezar de novo o proceso para mellorar as conexións de todos os nosos clientes. Dende o día 22 de decembro xa se poden consultar a través da web de clientes como van ser as novas velocidades.[ Máis ]

Buscamos novo nome comercial

luns 28 decembro 2009 | 54 Comentarios

Ola a todos. O caso é que nesta ocasión vos queremos pedir opinión sobre un tema que non é menor. Trátase dun posible cambio do noso nome comercial, de R.[ Máis ]