logo

Mirador cine a metade de prezo

xoves 29 abril 2010 | 15 Comentarios

Ola, xente. Non hai moito, neste mesmo blog anunciámosvos a idea de lanzar as películas de mirador cine a 1,5€+IVE. Pois ben, debido ao éxito e á boa acollida, decidimos repetir.[ Máis ]

Mellorando a información da nosa EPG

mércores 21 abril 2010 | 35 Comentarios

Boas. Hoxe toca falar un pouco da nosa televisión dixital multicanle e en concreto da información que podedes consultar na guía electrónica de programación (EPG) dos programas e eventos que se emiten na nosa grella.[ Máis ]

Neox e Nova, en analóxico

xoves 15 abril 2010 | 54 Comentarios

Ola outra vez. Hoca toca unha entrada cortiña pero que de seguro lles interesa a moitos dos nosos clientes, sobre todo os que están vendo a televisión analóxica a través da nosa rede: mañá temos dúas novas canles.[ Máis ]

R, coma sempre

mércores 14 abril 2010 | 29 Comentarios

Ola rapaces. Hoxe queríamos dicirvos que nada, que por aquí seguimos, jeje[ Máis ]

Quecheparece no Camiño: de León a Santiago en catro días

luns 05 abril 2010 | 9 Comentarios

Ola a todos. Despois de catro días facendo o Camiño de Santiago en bicicleta, toca facervos un resumo no blog. Iso si, antes de nada queriamos aproveitar para agradecervos os ánimos a todos aqueles que seguistes esta aventura a través do twitter e do flickr, como mostiboy, AnibalBaez, miorbea, Rosendo_93, Squash019, mdibuja, informaticofeo, albertodafonte ou iagogz, entre outros.[ Máis ]

Tenda R itinerante en Verín

luns 05 abril 2010 | Sen comentarios

Ola a todos. Simplemente vos queriamos informar que desta vez a tenda R itinerante anda por Verín. Se sodes de por alí poderedes vela na praza García Barbón ata finais de maio.[ Máis ]

Facendo o Camiño de Santiago

luns 29 marzo 2010 | 19 Comentarios

Ola amigos. Quen dixo que R non saía de Galicia? Este mércores 31 de marzo demostraremos que iso non é certo. E ademais seredes testemuñas directas deste acontecemento.[ Máis ]

Que propostas vos interesan máis?

venres 26 marzo 2010 | 60 Comentarios

Ola a todos. A verdade é que quedamos gratamente sorprendidos co feixe de ideas que nos destes a través deste blog. A raíz diso pareceunos boa idea comentarvos como é o proceso de innovación en R, pero tamén estamos a ver cada unha das ideas que nos comentastes.[ Máis ]

Como traballamos en R á hora de abordar un proxecto

xoves 25 marzo 2010 | 8 Comentarios

Como andades? Xa hai uns días que non publicamos nada no blog, e pareceunos interesante desta vez contarvos como traballamos en R á hora de afrontar un proxecto. Hai ben pouco déstesnos un feixe de ideas e de propostas para o futuro neste mesmo blog. Pero, que pasa con esas ideas? En R tomámolas en conta ou só volas pedimos como paripé? Como facemos para analizalas e levalas adiante? Pois para explicar iso está este post.[ Máis ]

Renovamos as tarxetas dos descodificadores de televisión

xoves 04 marzo 2010 | 68 Comentarios

Ola a todos. Como moitos de vós xa sabedes pola información que publicamos na revista R deste mes, imos renovar as tarxetas dos descodificadores de televisión. É un paso previo aos novos servizos que imos implantar na televisión multicanle R, como as novas aplicacións interactivas ou o vídeo baixo demanda.[ Máis ]

Tenda outlet de móbiles na nosa web

venres 19 febreiro 2010 | 8 Comentarios

Ola. Hoxe queriamos falarvos dun novo espazo na nosa web e que lles pode interesar sobre todo aos que aínda non teñen un móbilR ou precisan dun a prezo libre: lanzamos un espazo outlet de xeito exclusivo na nosa web. [ Máis ]

Plans e servizos no futuro

mércores 17 febreiro 2010 | 84 Comentarios

Ola a todos. Xa sabedes que este é un sitio para debatir ideas e propostas de futuro, así que, como nos pedía un usuario deste blog, Luis, abrimos un post para que nos digades que produtos ou servizos esperades que R ofreza no futuro.[ Máis ]

Tenda R en Lugo

xoves 04 febreiro 2010 | 8 Comentarios

Ola. Hoxe queríamos anunciarvos que abrimos unha nova tenda, desta vez en Lugo, que xa lle tocaba.[ Máis ]

Televisión R en directo a través de internet

mércores 27 xaneiro 2010 | 83 Comentarios

Ola amigos. Hoxe queríamos contarvos algo dun servizo que temos en probas e que vos permite desfrutar de varias canles de televisión a través de internet.[ Máis ]

Seguro que non tes sintonizador DVB-C na túa tele?

luns 25 xaneiro 2010 | 134 Comentarios

Ola quecheparece-adictos. A semana pasada falamos de que non vos tiñades que preocupar nada polo tema do apagón analóxico porque, entre outras cousas, na rede de R non había apagón. E para os que xa tedes un aparato algo máis modelno, pois tamén vos enviamos o sinal de televisión en dixital.[ Máis ]