logo

Para os clientes de R: desconto de 6€ para sempre na cota do teu combo por ter tamén o móbil con R

mércores 30 novembro 2011 | 100 Comentarios

Acabamos de lanzar un desconto para os clientes antigos que tedes fixo e móbilR coa tarifa mini+internet ou unha tarifa plana. O desconto será de 6€ mentres teñades contratada algunha desas tarifas e tamén o servizo no fixo. E canto vai durar o desconto? Pois terédelo para sempre, por serdes clientes.[ Máis ]

Conecta un disco duro ao ter router Hitron

luns 28 novembro 2011 | Sen comentarios

Ola a todos. A día de hoxe preto de 10.000 clientes en R teñen conexións de 30 e 100 megas. A maioría deles contan cun router wifi N Hitron pero non están a sacarlle todo o proveito que poderían. Se tes un Hitron, non esperes máis e conéctalle un disco duro ao router.[ Máis ]

Melloramos o buscador do noso web

venres 11 novembro 2011 | 2 Comentarios

Ola a todos. Vimos de facer algúns cambios no buscador da nosa web para mellorar o seu funcionamento.[ Máis ]

Novas tendas R en Vilalba, Ordes e Noia

martes 08 novembro 2011 | Sen comentarios

Ola a todos. Como sabedes, queremos estar preto de vós, como clientes, tanto nas redes sociais como a nivel físico. Porque está moi ben iso de falar, pero tamén gusta poder "apalpar" as cousas e que esteamos diante vosa para que nos preguntedes en persoa dúbidas ou ben poidades probar os nosos servizos. E por iso estamos aumentando as nosas tendas e distribuidores por toda Galicia.[ Máis ]

Máis servizos dispoñibles no plan de puntos R

xoves 03 novembro 2011 | 28 Comentarios

Ola a todos. Como sabedes, dende hai tempo temos un plan de puntos en R ao que, en principio, tiñan acceso os clientes de móbilR e, dende este verán, tamén están a desfrutar os clientes da televisión dixital multicanle.[ Máis ]

Os de R, á vosa disposición

mércores 19 outubro 2011 | 10 Comentarios

Ola a todos. Como sabedes, xa hai tempo que estamos nisto das redes sociais non porque queiramos estar sen máis, senón porque para nós a cercanía e a solución de cada caso concreto que nos formulades é moi importante.[ Máis ]

A factura cambia de formato

luns 26 setembro 2011 | 17 Comentarios

Ola a todos. Hoxe toca falar dun cambio que ides apreciar en breve: o deseño da factura de R. Algún que outro cliente nos dícía que lle resultaba un tanto confuso entender que era cada cousa e como nós cremos que en R estamos para escoitarvos e facervos a vida canto máis sinxela, mellor, pois decidimos darlle unha voltiña ao tema.[ Máis ]

Abono fútbol en R (esta fin de semana gratis)

venres 09 setembro 2011 | 18 Comentarios

Ola a todos. Dende este venres 9 de setembro incorporamos á nosa televisión R unha canle que moitos e vós nos pediades: Abono fútbol, que estará no dial 81 da nosa grella.[ Máis ]

Baixamos o prezo do servizo indirecto en empresas

mércores 07 setembro 2011 | 4 Comentarios

Ola a todos. Como vedes, ultimamente non facemos máis que baixar os prezos das conexións a internet: comezamos coas do combo+, seguimos coa opción de 100 megas e agora tócalles a aqueles clientes de empresas que teñen internet a través do servizo indirecto.[ Máis ]

Plan de puntos para os clientes da TV de pagamento

martes 06 setembro 2011 | 18 Comentarios

Ola a todos. Sabemos que é importante devolvervos a confianza que moitos de vós puxestes en R. Hai tempo lanzamos un plan de puntos para clientes de móbilR e agora damos un paso máis abrindo este plan de puntos para os clientes que tedes televisión multicanle de pagamento con R.[ Máis ]

Baixamos o prezo dos 100 megas

xoves 01 setembro 2011 | 31 Comentarios

Ola a todos. Hoxe temos outra boa nova: baixamos o prezo da nosa conexión máis potente, a de 100 megas.[ Máis ]

Navegas cos DNS de R? Pois é importante que o fagas

venres 05 agosto 2011 | 24 Comentarios

Ola a todos. Chegados a este mes de agosto, xa vedes que continuamos máis que activos por aquí por R. E hoxe queremos falarvos de algo importante, dos DNS que usades para conectarvos a internet, xa que é importante que empreguedes os nosos, os de R, porque do contrario igual non poderedes navegar.[ Máis ]

Recibes spam telefónico doutros operadores?

martes 26 xullo 2011 | 10 Comentarios

Ola a todos. Hoxe queremos tratar no noso blog un tema que polo que dicides vos cabrea e moito (con razón, todo sexa dito): as chamadas comerciais indiscriminadas dalgún operador de telecomunicacións.[ Máis ]

Baixamos os prezos no servizo indirecto, no combo+

venres 22 xullo 2011 | 24 Comentarios

Ola a todos. Como sabedes, de momento aínda non chegamos a toda Galicia coa nosa rede de fibra (cablear leva o seu tempo), pero naqueles sitios nos que non temos rede directa ofrecemos un servizo indirecto, o chamado combo+.[ Máis ]

Cine de estrea durante o verán por 1,5€

luns 18 xullo 2011 | 3 Comentarios

Ola a todos. Este verán queremos que en R desfrutedes do mellor cinema de estrea ao mello prezo. Por iso, durante os meses de xullo e agosto todas as películas que se emitan en Mirador Cine (do dial 301 en adiante) estarán a 1,5€+IVE. Polo prezo dun refresco poderedes gozar en familia con algunhas das películas máis taquilleiras. E como de momento o tempo non está acompañando demasiado, pois non deixa de ser un bo plan de tarde ou para rematar o día.[ Máis ]