Charla en directo co responsable de móbilR
Comezamos a charla co responsable de móbilR. Por aquí xa está Héctor, todo guapo e repeinado para contestar a todas as vosas preguntas. [ Máis ]
Catro novas canles para os nosos clientes de TV
Ola a todos. Sabemos que este é un deses posts nos que con só ler o título a máis dun xa se lle poñen os dentes longos. Si amigos, imos incorporar catro novas canles de televisión e imos facelo en xa, o 1 de xullo.[ Máis ]
MóbilR xa ten multiSIM
Ola a todos. Estamos en maio, o mes das flores, da primavera, das cores... e das novidades en R. Así que aí vai outra: xa temos multiSIM para aqueles que precisades unha no voso móbilR.[ Máis ]
R, coma sempre
Ola rapaces. Hoxe queríamos dicirvos que nada, que por aquí seguimos, jeje[ Máis ]
Quecheparece no Camiño: de León a Santiago en catro días
Ola a todos. Despois de catro días facendo o Camiño de Santiago en bicicleta, toca facervos un resumo no blog. Iso si, antes de nada queriamos aproveitar para agradecervos os ánimos a todos aqueles que seguistes esta aventura a través do twitter e do flickr, como mostiboy, AnibalBaez, miorbea, Rosendo_93, Squash019, mdibuja, informaticofeo, albertodafonte ou iagogz, entre outros.[ Máis ]
Facendo o Camiño de Santiago
Ola amigos. Quen dixo que R non saía de Galicia? Este mércores 31 de marzo demostraremos que iso non é certo. E ademais seredes testemuñas directas deste acontecemento.[ Máis ]
Tenda outlet de móbiles na nosa web
Ola. Hoxe queriamos falarvos dun novo espazo na nosa web e que lles pode interesar sobre todo aos que aínda non teñen un móbilR ou precisan dun a prezo libre: lanzamos un espazo outlet de xeito exclusivo na nosa web. [ Máis ]
O Samsung Star por 0€
Ola, queridos fieis lectores. Nas rúas xa se comezan a ver as lucen propias do Nadal, xa comezan a invadirnos os anuncios de xoguetes e de colonias e nós non podiamos ser menos. Por iso promocionamos o Samsung Star.[ Máis ]
Envía SMS dende o teu PC
Ola a todos. Hai cousa dun mes, noutro post, xa vos adiantamos que estabamos traballando para integrar servizos. Pois agora podemos dicir que un deses servizos que anunciamos xa está operativo: poder enviar SMS dende o voso número de móbil R a través dunha sinxela aplicación web.[ Máis ]
Melloramos o upstream nas conexións de 30 e de 100 megas
Ola a todos. A entrada de hoxe no blog é para explicarvos que van aumentar as velocidades de subida dos produtos de 30 e de 100 megas, algo no que levamos traballando dende hai tempo para mellorar o servizo. [ Máis ]
Estreamos terminais móbiles
Ola amigos. Os que non lle sacades ollo á nosa tendaR de seguro que xa vos decatastes, pero para os que vos pasades de cando en vez a mirar as novidades que temos en canto a móbiles, dicirvos que hoxe estreamos tres terminais de Nokia e un de Samsung.[ Máis ]
Internet móbil con R dende 6€ e sen permanencia
Ola quecheparezadictos. Como sabedes, a principios de verán sacamos unha serie de novas tarifas de internet móbil, promocionadas gratis durante todo o verán. Pois ben, como rematou a promoción e igual aínda hai alguén despistado co tema das nosas tarifas de internet móbil, vouvos refrescar a memoria.[ Máis ]
Chama a 6 céntimos/min a calquera operador con móbil R
Ola a todos outra vez. Pedíadesnos unha tarifa de móbil boa, bonita e barata e aquí vola traemos. É das máis baratas do mercado, por non dicir a que máis: 6 céntimos o minuto a calquera operador e 9 céntimos a mensaxe de texto durante as 24 horas do día.[ Máis ]
Nova tarifa internet móbil R
Ola xente. Como sabemos que cada vez temos máis clientes que precisan estar conectados á Rede dende calquera lugar e que para eles non só é importante unha boa conexión á rede fixa senón tamén unha conexión móbil, pois dende o día 1 de xullo melloramos as nosas tarifas de datos. E ademais sacamos unha promoción polo que a podedes gozar gratis durante todo o verán.[ Máis ]
renova gratis o teu móbil R
ola rapaces e rapazas. Estes últimos meses estivemos traballando arreo nun programa de puntos que vos permitise renovar o voso teléfono móbil R, e xa vos podo dicir que está a puntiño, a piques de saír do forno.[ Máis ]
