Lanzamos a factura electrónica
Boas a todo o mundo. Hoxe queremos falarvos de algo que nos pedían moitos dos nosos clientes. Xa vos anunciamos hai un tempo que estabamos traballando no tema, pero agora xa é unha realidade: en R podedes solicitar recibir a vosa factura en formato electrónico a través de factura.mundo-r.com[ Máis ]
Regalamos entradas para Las Noches de Paramount
Ola a todos. Temos 20 entradas dobres para que desfrutedes de Las Noches de Paramount Comedy entre aqueles que nos seguen a través das redes sociais. Non é necesario que sexades clientes pero, iso si, non as imos regalar sen máis, polo que vos teredes que esforzar un pouquiño.[ Máis ]
Vén visitar as instalacións de R
Ola a todos. Estades cansos de tanta praia? Queredes vir coñecer parte das tripas de R? Pois ide reservando vez.[ Máis ]
Queremos darvos as grazas por recomendarnos
Ola a todos. Hoxe queremos contarvos que imos lanzar unha pequena promoción para agradecervos que en moitos casos nos recomendedes e que axudedes a que R sexa un pouco máis coñecida.[ Máis ]
Nova versión da Guía Electrónica de Programación (EPG)
Ola a todos. En breve imos lanzar nova versión da nosa EPG e gustaríanos indicarvos as melloras que ides apreciar e preguntarvos que vos parecen.[ Máis ]
Buscamos voluntarios para a apertura de portos do desco de TV
Ola a todos. Como sabedes, neste mesmo blog anunciamos hai meses que estabamos pensando en abrir os portos do desco de TV. Pois ben, xa levamos traballando un tempo neste proxecto e hoxe solicitamos voluntarios para que sexan os primeiros en probalo e que nos conten a súa experiencia.[ Máis ]
Pon a túa TV R en formato panorámico
Ola a todos. Hoxe toca un post moi breve pero seguramente moi útil para moitos dos nosos clientes: como establecer que por defecto a vosa TV R estea en formato panorámico.[ Máis ]
Charla en directo co responsable de móbilR
Comezamos a charla co responsable de móbilR. Por aquí xa está Héctor, todo guapo e repeinado para contestar a todas as vosas preguntas. [ Máis ]
Catro novas canles para os nosos clientes de TV
Ola a todos. Sabemos que este é un deses posts nos que con só ler o título a máis dun xa se lle poñen os dentes longos. Si amigos, imos incorporar catro novas canles de televisión e imos facelo en xa, o 1 de xullo.[ Máis ]
Tenda itinerante R en Sarria
Ola a todos. Hoxe queriamos comentar que a nosa tenda itinerante R anda pola localidade lucense de Sarria.[ Máis ]
A lea da TDT
Ola a todos. Hoxe queriamos falarvos un pouco da TDT. Xa rematou o apagón analóxico, xa levades dende abril só coas emisións en dixital (a non ser que teñades R, que niso somos flexibles e nos intentamos adaptar aos clientes) e pensabades que xa rematara a lea dos televisores novos, dos descodificadores e da adaptación das antenas, pero vai ser que non.[ Máis ]
MóbilR xa ten multiSIM
Ola a todos. Estamos en maio, o mes das flores, da primavera, das cores... e das novidades en R. Así que aí vai outra: xa temos multiSIM para aqueles que precisades unha no voso móbilR.[ Máis ]
Xira de concertos R na rúa
Ola a todos. Como estamos a venres, hoxe toca facer un post deses pensando na fin de semana. O caso é que en R imos organizar unha serie de concertos na rúa que terán lugar en durante os próximos meses nalgunhas localidades nas que damos servizo. Por certo, que en Verín xa terá lugar este domingo o primeiro, así que avisados quedades.[ Máis ]
O wifi do futuro en R
Boas. Esperamos que hoxe teñades ganas de escribir e de darnos as vosas opinións, porque temos un post deses que nos gusta ver cargadiños de comentarios. Queremos comentarvos como vemos aquí en R o wifi do futuro e que nos deades o voso punto de vista.[ Máis ]
Incorporamos V Televisión
Ola a todos. A entrada de hoxe vai ser moi breve. Trátase de informarvos que dende esta mañá xa estamos emitindo en dixital (DVB-C e DVB-T) a canle V Televisión.[ Máis ]
