Lanzamos a factura electrónica
Boas a todo o mundo. Hoxe queremos falarvos de algo que nos pedían moitos dos nosos clientes. Xa vos anunciamos hai un tempo que estabamos traballando no tema, pero agora xa é unha realidade: en R podedes solicitar recibir a vosa factura en formato electrónico a través de factura.mundo-r.com[ Máis ]
Queremos darvos as grazas por recomendarnos
Ola a todos. Hoxe queremos contarvos que imos lanzar unha pequena promoción para agradecervos que en moitos casos nos recomendedes e que axudedes a que R sexa un pouco máis coñecida.[ Máis ]
Tenda itinerante R en Sarria
Ola a todos. Hoxe queriamos comentar que a nosa tenda itinerante R anda pola localidade lucense de Sarria.[ Máis ]
Tenda R en Lugo
Ola. Hoxe queríamos anunciarvos que abrimos unha nova tenda, desta vez en Lugo, que xa lle tocaba.[ Máis ]
Tenda R en Vilagarcía
Ola a todos. Xa que máis ou menos temos tendas nas grandes cidades galegas, hai que ir indo cara a outras localidades e onte inauguramos unha tenda R en Vilagarcía de Arousa. Para os que vivades presto e precisedes calquera cousa, tédela na rúa Alcalde Rey Daviña, 38.[ Máis ]
Buscamos novo nome comercial
Ola a todos. O caso é que nesta ocasión vos queremos pedir opinión sobre un tema que non é menor. Trátase dun posible cambio do noso nome comercial, de R.[ Máis ]
Nova tenda R en Vigo
Ola de novo. Hoxe queriamos dicirvos que abrimos a nosa segunda tenda R en Vigo, na rúa Ecuador, 66. É un lugar moi céntrico, preto do Corte Inglés e, polo que nos dixeron, a carón dunha panadería bastante xeitosiña ;)[ Máis ]
Imos sacar nova plataforma de servizos web
Ola amigos. De seguro que o título do post de hoxe vos deixa con bastantes dúbidas sobre de que vou falar. Que é iso dunha plataforma de servizos web? Realmente non é sinxelo definilo en dúas liñas, pero dicirvos que vai incluír: webmail, disco duro virtual, tochomail, calendario, axenda de contactos...[ Máis ]
tenda R en Santiago de Compostela
Se hai un mes vos contaba que abriamos unha tenda R en Pontevedra, pois hoxe cóntovos que inauguramos outra nova en Santiago de Compostela.[ Máis ]
R, líder en excelencia en Internet
ola a todos. Hoxe gustaríame compartir con vós un premio que nos deron onte en Madrid e co que tendes moito que ver.[ Máis ]
factura electrónica con R
jelou a todo o mundo. Habitualmente intento variar sempre os temas dos que vos falo e hoxe quixen centrarme nunha cuestión pola cal nos preguntan moito os nosos clientes: "Cando ides ter factura electrónica?"[ Máis ]
consulta a revista R con visor flash
ola xente. Como sabemos que botades moita man da nosa web e nós sempre tratamos de ir mellorando, acabamos de incorporar un visor flash para que poidades consultar a nosa revista con maior comodidade.[ Máis ]
aprendendo do resto de bloggueiros
como sabedes, son un pouco novato no mundo este dos blogs. Ando co "L" aínda colgado nas costas e creo que aínda tardarei un tempo en sacalo. Pero non me preocupa, porque isto de aprender está moi ben. Así que ademais de andar escribindo aquí, tamén busco por aí adiante información e miro como traballan outros bloggers consumados. Hai que ter referentes, como os grandes literatos, jeje. Ademais, teño que aprender dos mellores, senón en R igual contratan a Reverte para levar quecheparece.com. O caso é que decidimos apoiar una iniciativa que me vai resultar moi positiva, como é a dos Premios Bitácoras.[ Máis ]
xa temos canle de vídeos (en probas, iso si)
de momento é algo que está en probas, así que volo adiantamos como primicia a ver que vos parece a cousa e nos orientedes. O caso é que en R montamos o noso Youtube particular. Iso si, de momento nós somos os únicos que subimos os vídeos. Aínda que a cousa pode cambiar se queredes....
[ Máis ]publica dende onde queiras no teu blog R
de seguro que en máis dunha ocasión, paseando pola rúa, de viaxe ou estando cos amigos nun bar che pasou algo tan simpático que pensaches que era digno de ser salientado no teu blog R. Pero que pasa nestes casos, que como non temos o ordenador á man ao cabo das horas acabamos por esquecernos do tema.
[ Máis ]