Regalamos entradas para Las Noches de Paramount
Ola a todos. Temos 20 entradas dobres para que desfrutedes de Las Noches de Paramount Comedy entre aqueles que nos seguen a través das redes sociais. Non é necesario que sexades clientes pero, iso si, non as imos regalar sen máis, polo que vos teredes que esforzar un pouquiño.[ Máis ]
Vén visitar as instalacións de R
Ola a todos. Estades cansos de tanta praia? Queredes vir coñecer parte das tripas de R? Pois ide reservando vez.[ Máis ]
Xira de concertos R na rúa
Ola a todos. Como estamos a venres, hoxe toca facer un post deses pensando na fin de semana. O caso é que en R imos organizar unha serie de concertos na rúa que terán lugar en durante os próximos meses nalgunhas localidades nas que damos servizo. Por certo, que en Verín xa terá lugar este domingo o primeiro, así que avisados quedades.[ Máis ]
A historia do cable
Jelouses a todos. Hoxe queríamos falarvos, como podedes ler no título do post, sobre a historia do cable. Se esperades ler algo sobre os nacementos de R ou sobre a liberalización no mercado das telecomunicacións en España, xa vos desenganamos: imos viaxar no tempo aos Estados Unidos, ata finais da década dos 40 do século XX.[ Máis ]
Tenda R itinerante en Verín
Ola a todos. Simplemente vos queriamos informar que desta vez a tenda R itinerante anda por Verín. Se sodes de por alí poderedes vela na praza García Barbón ata finais de maio.[ Máis ]
Que propostas vos interesan máis?
Ola a todos. A verdade é que quedamos gratamente sorprendidos co feixe de ideas que nos destes a través deste blog. A raíz diso pareceunos boa idea comentarvos como é o proceso de innovación en R, pero tamén estamos a ver cada unha das ideas que nos comentastes.[ Máis ]
Como traballamos en R á hora de abordar un proxecto
Como andades? Xa hai uns días que non publicamos nada no blog, e pareceunos interesante desta vez contarvos como traballamos en R á hora de afrontar un proxecto. Hai ben pouco déstesnos un feixe de ideas e de propostas para o futuro neste mesmo blog. Pero, que pasa con esas ideas? En R tomámolas en conta ou só volas pedimos como paripé? Como facemos para analizalas e levalas adiante? Pois para explicar iso está este post.[ Máis ]
Plans e servizos no futuro
Ola a todos. Xa sabedes que este é un sitio para debatir ideas e propostas de futuro, así que, como nos pedía un usuario deste blog, Luis, abrimos un post para que nos digades que produtos ou servizos esperades que R ofreza no futuro.[ Máis ]
A revista R xa ten versión web
Ola xente. Como o dixital se está a impoñer nas nosas vidas, xa podedes desfrutar online da revista R accedendo a http://revista.mundo-r.com [ Máis ]
Axuda a Haití
A petición de Indiana, poño no blog unha pequena información por se alguén está interesado en axudar ante o acontecido en Haití. Copio e pego o mesmo que temos na nosa intranet.[ Máis ]
Escoita en exclusiva con R o novo de Berrogüetto
Ola, xente. Temos unha nova máis que interesante para os amantes da boa música. De seguro que alguén xa o veu na nosa web ou na nosa televisión R, pero para os que andades despistados, informámosvos de que podedes escoitar en mundo-r.com o single do último disco de Berrogüetto.[ Máis ]
Que se pode atopar en mundo-r.com?
Ola. Para que non andades con mono de información sobre R, hoxe gustaríanos informarvos do que hai en mundo-r.com. Como di a canción, "que qué es lo que tengo, que tengo de tó". O que pasa é que ás veces intentamos ser tan sinxelos que sabemos que o podemos facer complicado.[ Máis ]
O módulo itinerante de R, en Xinzo de Limia
Estamos que non paramos. Ben, realmente o que non para é o noso módulo itinerante que está a percorrer a xeografía galega de arriba á abaixo: que se Ponteareas, que se A Estrada, que Lalín... Pois agora, para que non se aburra, enviámola ata Xinzo de Limia.[ Máis ]
R, por sexta vez o provedor de internet mellor valorado a nivel estatal polos seus clientes
Ola rapaces. Se hai uns meses vos comentabamos que eramos a mellor Compañía de España en Satisfacción de Consumidores 2009 na categoría de acceso a internet segundo o estudo Índice Stiga, hoxe queriamos facernos eco doutro estudo entre os internautas españois, segundo o cal somos o mellor provedor a nivel estatal.[ Máis ]
Coidado cos 905, 803, 806, 807 e cos servizos de subscrición
Ola a todos. O outro día falamos das estafas pola internet e hoxe queríamos advertirvos respecto dalgúns números de tarificación adicional e dos servizos de subscrición vía móbil.[ Máis ]
